Lingua ao xeito. Unha guía rápida
Keywords:
lingua; feminismo; galegoSynopsis
A lingua non é só un sistema de comunicación, pois o uso que facemos dela inflúe na construción da identidade persoal e determina tanto a mentalidade como a conduta colectiva. Empregala de xeito consciente pode servir para desafiarmos unha tradición lingüística que incorporou diferenzas sociais con base nun modelo androcéntrico que considera o home branco de clase media heterosexual e sen ningunha discapacidade a medida de todas as cousas. Trátase de reflexionar sobre como podemos contribuír coas nosas palabras a reflectir, transmitir e reforzar un modelo igualitario que non invisibilice nin exclúa. Para poder acadarmos unha igualdade efectiva, é necesario que a lingua reflicta esa igualdade.
Downloads
Published
Series
License

This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International License.