V Congreso Internacional SOCANTUR

Autores/as

Antón Álvarez Sousa; María Andrade Suárez; Iria Caamaño Franco; Noel Castro Fernández ; Begoña Muiño Sar; Antonia Pérez García; Eleder Piñeiro Aguiar

Palabras chave:

Sociología del Turismo, antropología del turismo, turismo contemporáneo, transformación social, interdisciplinariedad, investigación turística, internacionalización, congreso científico

Sinopse


O V Congreso Internacional SOCANTUR 2025, celebrado na Coruña do 11 ao 13 de xuño de 2025 e organizado conxuntamente polas Facultades de Turismo e Socioloxía da Universidade da Coruña, coa colaboración do Concello da Coruña, configurouse como un espazo de reflexión crítica e de intercambio científico centrado nos procesos de transformación social que atravesan actualmente o fenómeno turístico. O congreso favoreceu a transferencia de coñecemento e a análise dos principais retos e oportunidades que caracterizan ao turismo contemporáneo, froito diso é o presente libro de actas.
A través dun programa integrado por conferencias plenarias, a presentación de comunicacións distribuídas en quince grupos de traballo e diversos espazos de diálogo articulados mediante mesas sectoriais, o encontro promoveu o pensamento rigoroso, o debate interdisciplinar e a construción colectiva de coñecementos. Así mesmo, contribuíu a fortalecer as conexións entre diferentes áreas de investigación e práctica profesional vinculadas o turismo, fomentando o intercambio de experiencias e perspectivas entre participantes procedentes de distintas comunidades autónomas españolas e de diversos países. Deste xeito, o congreso consolidou o seu papel como plataforma de encontro académico, cooperación científica e internacionalización do coñecemento no campo das ciencias sociais aplicadas ao turismo.

 

DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497499217

capa principal

Descargas

Publicado

xullo 27, 2026

Licenza

Creative Commons License

Esta obra está baixo unha licenza internacional Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0.